FANDOM








Enerxías renovables

.

.

Non teñen un impacto tan forte sobre o medio como as enerxías non renovables, que poden poñer en perigo a saúde, esgotar os recursos…

Contribúen ao desenvolvemento sostible. Xa sexa económica, social ou, como neste caso, ecoloxicamente.

En teoría son inesgotables: pola grande cantidade que existe ou pola súa continua renovación.



Tipos


Eólica

Transforma a enerxía cinética do vento en enerxía eléctrica. É limpa, simple e os seus equipos son económicos. Os seus inconvintes son os impactos ambientais da instalación e o rendemento enerxético.

Imagen1







Xeotérmica

Obtense mediante o aproveitamento do calor interior da Terra. Está reducida a zonas volcánicas por rendibilidade pero podería obterse en calquera lugar.

Imagen2 copia






Hidráulica

É producida pola auga debido a un salto que se hai no caudal dun río. As turbinas situadas nas correntes transforman a enerxía cinética e potencial. É moi limpa pero trae algúns problemas naturais, xa que algúns peixes non poden superar a presa. Nalgúns ríos hai minicentrais como alternativa.

Energia-hidraulica







De biomasa

Obtense da queima de restos orgánicos, sobretodo vexetais. Axuda a desfacerse de residuos orgánicos, emprega o biocultivo... pero tamén produce sustancias contaminantes e non é moi rendible.

Imagen4







Maremotriz

Aprovéitanse as mareas, acoplando un alternador que transforma a enerxía cinética da auga en enerxía eléctrica. Require unha gran inversión e produce un gran impacto ambiental na súa construción.

Imagen5 copia







Solar

Obtida mediante a captación de luz e calor emitidos polo Sol.

Vantaxes: é inesgotable (mentres o Sol non deteña a súa actividade), ten un escaso impacto ambiental e pode ser obtida por diferentes formas e mecanismos.

Inconvintes: dependencia da meteoroloxía.

Imagen6








Tipos de enerxía solar


Térmica

Enerxía obtida en forma de calor.

Baixa (< 100º C): serve para quentar auga sanitaria de consumo no propio lugar de produción.

Media (100 - 300º C): mediante tubos de concentración parabólica quéntase auga para producir enerxía eléctrica a través dun xerador ou se emprega para usos industriais que requiran esa temperatura.

Alta (>300º C): emprégase para producir electricidade, potabilizar auga ou fundir metais.


Fotovoltaica

Xenera electricidade directamente.

Úsase para alimentar innumerables aparatos autónomos, para abastecer refuxios ou casas aisladas e para producir electricidade para redes de distribución.

Non depende da temperatura, senón que os fotóns (partículas que constitúen a luz) moven os electróns e prodúcese unha corriente eléctrica.



Enerxía solar térmica de uso doméstico


Asequible: economicamente, por localización e non se necesitan infra-estruturas especiais.

Permite aforrar en enerxías convencionais: todas as casas consumen auga sanitaria polo que se engadimos ao sistema tradicional a enerxía solar térmica, a contaminación diminuirá, esta é a razón de que a administración pública fixera obligatorio a instalación destes sistemas en casa de nova construción ou reparadas.

Pode utilizarse, ademais de para quentar auga sanitaria, para calefaccións ou para quentar a auga das piscinas.

Imagen7




Funcionamento do panel


Entra a auga fría por un extremo, que ven bombeada.

Sae polo outro extremo a maior temperatura, tras circular polo serpentín.

A luz solar que atravesa o vidro, o cristal de protección, incide sobre a superficie absorbedora (serpentín e aletas).

Junkers FKT - componente copia

Esa luz convírtese en radiación infravermella ao contactar coa superficie negra, e é transmitida por condución a auga que circula. Isto é posible porque o vidro deixa pasar a luz visible, pero non permite o paso hacia fóra da radiación infravermella, isto é coñecido como o efecto invernadeiro.




Partes

Sensor de temperatura: normalmente métese un tubo no serpentín cun sensor pola parte na que sae a agua para saber a temperatura de saida.

Vidro de seguridade: debe aguantar impactos de fenómenos atmosféricos. Danlle un tratamento de choque por calor (está frío e méteno nun lugar quente) e así gana en dureza.

Illamento térmico: ten que soportar ben temperaturas altas e baixas (cambios día-noite) e a humidade (pequena saída e entrada de aire a distinta temperatura).

Material absorbente: recobre as aletas (estruturas para aumentar a superficie) e permítelles obter un mellor rendemento.




Bibliografía

Wikipedia – Energía solar térmica. Desarrollo sostenible.

Muy interesante – Un portal para el desarrollo de las energías renovables. El top 6 de las energías renovables.

Ciencias para o Mundo Contemporáneo Bacharelato 1.

El libro de las energías renovables (Editorial SAPT).

Animación energía solar – http://www.webfrio.com/viewtopic.php?t=297

Video colector solar – http://www.youtube.com/watch?v=fltv6ztI5KE



Autoras

Fátima Fernández Seoane

Silvia Filgueira Luaces