FANDOM



Teoría do Universo PúlsanteEditar

Introdución

Moitos científicos inclínanse a pensar que a evolución do universo abarca unha dimensión temporal que vai moito máis alá da explosión primordial e da actual expansión. Sosteñen que o tempo e o espazo non se crearon conxuntamente co Big Bang, senón que consideran ó cosmos coma unha entidade eterna. Esta tese, chamada teoría do universo púlsante, ven a responder á seguinte pregunta: que había antes do Big Bang?

Que di a teoría do universo púlsante?

As agrupacións de galaxias e os cúmulos estelares, móvense separándose uns dos outros en franca expansión. A teoría do Big Bang supón que a velocidade de recesión de ditos obxectos era maior no pasado ca hoxe. A teoría do universo púlsante sostén que nun futuro inminente, a forza gravitacional resultante do universo será capaz de frear a su expansión, ata o punto de iniciar o proceso contrario, é dicir, unha contracción (pulsación). Tódolos corpos celestes comezarían a acercarse uns ós outros a unha velocidade cada vez maior, ata atoparse nun mesmo punto e constituír outra vez o ovo cósmico (Big Crunch). Este ovo cósmico, despois de certo lapso de tempo, volvería a estallar, dando orixe a outro universo expansivo. O ciclo repetiríase eternamente, perpetuándose no tempo. O noso universo sería o último de moitos xurdidos no pasado.

Esquema

Segundo esta teoría, antes deste ciclo que estariamos vivindo, existiría un universo moi semellante ó actual, e que, despois de expandirse, contraeuse e formou o gran átomo primixenio. En cada ceo produciríanse colapsos gravitacionais de conxuntos que se comprimen en si mesmos e disipan de novo toda a súa masa en forma de enerxía, para volver posteriormente a materializarse. Podería ocorrer tamén que presións internas frearan as contraccións e, antes do aniquilamento atómico, provocaran explosións directamente materiais. En ámbolos casos trataríase dunha sucesión de fenómenos semellantes, traballando en sistema pechado dentro dun universo púlsante, sen fin dentro do tempo, pero cuxo límite espacial quedaría fixado polas máis afastadas rexións ata onde as explosións logren chegar para deterse e transformarse en contraccións.

É posible esta teoría?

Sabemos grazas ó coñecido efecto Doppler que o universo se move. Este efecto consiste en que a radiación emitida por un obxecto que se move cara un observador se comprime, percibindo nós a súa frecuencia aumentada, polo contrario si se afasta, a frecuencia estírase. A frecuencia da radiación que nos chega do espazo é estirada, polo que o universo estase expandindo.

A expansión e contracción do universo na teoría pode ser certa, posto que segundo a teoría da relatividade é posible o paso de enerxía a masa e de masa a enerxía, E=m.c2

A velocidade e expansión do universo está baixando conforme vai diminuíndo a enerxía, entón chegará un momento no que o universo non se expanda, daquela as interaccións entre os corpos que hai no universo provocará que todo se repregue nun mesmo sitio, formando así o “ylem”. Este repregue é causado pola Lei de Gravitación Universal, segundo a cal tódolos corpos están en interacción continua. Entón todo o que está universo está atraéndose e por conseguinte uníndose, esnaquizándose... Cando se fusionan aumenta a masa do compoñente resultante da fusión e o seu poder de atracción, atraendo a cada vez máis e máis corpos, chegando ó Big Crunch.

Problemas desta teoría

Este modelo cosmolóxico presenta una dificultade evidente de acordo á segunda lei da termodinámica, unha lei fundamental da física que obriga a calquera sistema illado a adquirir un grao de desorganización cada vez maior, ata alcanzar un estado de máxima desorde. Despois de numerosos ciclos, agardaríase que un universo púlsante fose moito máis caótico ca o universo que observamos. Tolman (o primeiro físico en falar desta teoría) coñecía este problema, pero sostiña que unha definición de “estado de máxima desorde” sería case imposible de aplicar ó universo coma un todo; a obxección quedou na dúbida. Tolman chegou á conclusión de que "sería sensato non volver a afirmar que os principios da termodinámica esixen necesariamente un universo creado nun tempo finito no pasado e cuxo destino é a inactividade e a morte". Aínda hoxe os físicos seguen dubidando se a segunda lei da termodinámica podería descartar teoricamente un universo púlsante, ou si se aplica ó universo coma un todo.

Fonte:

http://www.bauleros.org/astronomia/universo/universo.html

http://www.astrocosmo.cl/h-foton/h-foton-07_01.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Segunda_ley_de_la_termodin%C3%A1mica

http://es.wikipedia.org/wiki/Efecto_Doppler

http://bibliotecadigital.ilce.edu.mx/sites/ciencia/volumen2/ciencia3/078/htm/sec_6.htm