FANDOM



Teoría inflacionaria


A teoría do Big Bang non explica que todo o fondo do universo teña a mesma temperatura, e por iso se creou a teoría inflacionaria, como versión modificada da anterior.

Cada elemento químico posúe o seu espectro de emisión, formado por unhas liñas de cores que os identifican. Gracias a iso, puideron coñecerse os elementos que forman parte das estrelas máis lonxanas. Coa antena de Penzias e Wilson, observouse que a temperatura do fondo do universo era de 2.7 K e a radiación de microondas que detectaron con devandita antena confirma supostos plantexados pola teoría do Big Bang. Resumindo, detectaron a luz emitida na gran explosión, por iso obtiñan o mesmo apuntaran onde apuntaran no fondo do universo.


Características desta teoría:

Cando t=0 toda a materia estaba concentrada nun mesmo punto, e tiña a mesma densidade e temperatura.

Ao explotar aumenta subitamente de tamaño (1050 veces) en 10-32 segundos.

Nos seguintes 300.000 anos o universo continúa a expandirse, aínda que a unha velocidade considerablemente menor. Ao cabo deste período deixa de ser opaco, permitindo así que as radiacións electromagnéticas poidan escapar. Antes non podían viaxar libremente porque experimentaban continuos choques coas partículas materiais, que por entón atopábanse moi concertradas.

A partir deste momento, o universo sufre un super arrefriamento, pasa dos 3.000 K aos 2.7 K que posúe actualmente, e segue a arrefriarse.


O punto máis frío coñecido atópase na nebulosa Boomerang, cun grao só por enriba do cero absoluto (0 K). Pénsase que é imposible que se chegue ao cero absoluto en ningunha rexión do espazo, xa que os átomos deberían perder a súa calor residual.


Esquema.teoría.inflacionaria

Esquema

Esta teoría está actualmente falsada, pois hai certas cousas que xa se experimentaron, novos avances na ciencia que sacan a relucir problemas no plantexado por esta teoría, aínda así, xunto coa do Big Bang, parece ser a máis probable, polo que non está propiamente falsada, senón mais ben renovada: plantéxase unha versión modificada da anterior, que sí explique este novo descubrimento.




Bibliografía

La construcción de los cielos. Historias del universo - Telmo Fernández

50 cosas que hay que saber sobre física – Joanne Baker

O Universo – Manuel Mateos

Viaje a los límites del universo (DVD) – National Geographic

http://www.monografias.com/trabajos34/origen-universo/origen-universo.shtml

http://www.portalciencia.net/enigmaorig.html



Silvia Filgueira, Adrián Candales, Fátima Fernández, Álvaro Couce e Patricia Yañez

1º B Bacharelato

IES As Telleiras